Que é a tradución técnica?

A tradución técnica é un tipo de tradución especializada que consiste en trasladar un documento técnico dun idioma a outro. Estes textos teñen unha alta complexidade por mor das temáticas, que precisan dun uso continuo de tecnicismos e linguaxe especializada. Pola súa propia natureza, hai que traducir este tipo de textos teñen con sumo coidado. O tradutor non deberá simplemente trasladar as palabras do idioma de orixe ao de chegada, pois terá que ser moi minucioso ao traducir os termos. Ademais, polo xeral estes textos inclúen determinadas cuestións adicionais aos termos, como poden ser unidades de medida de diversa índole, referencias numéricas complexas, ou fórmulas matemáticas. Nestes casos, os tradutores deben estar atentos ás diferentes convencións das linguas, como por exemplo a puntuación dos números, que é diferente en inglés e galego. Por todo iso, atopamos aquí a figura dos tradutores especializados: tradutores expertos que dominan a temática que traducen, o que lles permite trasladar perfectamente non só a terminoloxía e os significados concretos, senón tamén os tecnicismos e as diversas cuestións ortotipográficas.

 

Como conseguir este nivel de especialización?

Como xa explicabamos no noso artigo sobre a tradución especializada: «O tradutor ten que aspirar a ser un experto na materia que traduza». Por suposto, para un tradutor que non teña coñecemento ningún sobre enxeñería, traducir un manual de especificacións técnicas de maquinaria industrial vaise converter nunha tarefa imposíbel de levar a cabo. Do mesmo xeito que non se pode esperar traducir un texto nun idioma que non se comprende, non se pode traducir un texto cheo de termos e mesmo frases que no se comprenden ou nas que o significado non queda claro. Aquí, evidentemente, é cando xorde o problema, pois traducir algo que non se entende pode dar lugar a sensentidos e mesmo contrasentidos, e xa sabemos o desastroso que isto pode ser no contexto dunha tradución.

Alén diso, traducir este tipo de vocabulario e temáticas sen o dominio axeitado tamén pode aumentar moito o tempo necesario para facer a tradución, polo feito de estar tratando cun tema co que non se está completamente familiarizado, debido á necesidade constante de documentación. Para evitar este tipo de problemas, é imprescindíbel un entendemento completo  do que se está a traducir e estar familiarizados coas cuestións intrínsecas do texto. Para conseguir este obxectivo, como xa comentou no seu día o meu compañeiro Francisco, o ideal é que o tradutor teña formación no ámbito  concreto que traduce (enténdase formación formal), ademais de formación en tradución (un verdadeiro tradutor especializado). Con todo, isto non sempre é posible.

 

Entón, que outras opcións teñen os tradutores?

É evidente: a experiencia. Da mesma forma que un avogado sen experiencia non terá o mesmo nivel de coñecementos que un avogado que leva exercendo a profesión durante 20 anos, un tradutor sen experiencia non poderá afrontar un texto especializado cos mesmos resultados que un tradutor que leva 10 anos especializándose de xeito continuo na materia. A chave está na repetición. En definitiva, para facer unha boa tradución técnica, o mellor camiño posíbel será a especialización na materia. En moitas ocasións, ademais, o tradutor que non é capaz de afrontar unha tradución desta índole, non debería aceptar o encargo, pois como profesionais do sector, nunca se pode deixar de lado ni perder de vista a calidade da tradución.

About Xerezade Ansedes López

Graduate Degree in Translation and Interpreting from Universidade de Vigo, Spain. Degree in English Language and German from Bangor University, UK. English teacher and translator and proofreader in the German and English to Spanish combinations. Published author.

You May Also Like