Interpretación

Tradución | Interpretación
En reunións de negocios, viaxes comerciais, congresos e conferencias, ou en conversas telefónicas, pode ser que precise dunha tradución inmediata e oral en diferentes idiomas. Nos últimos dez anos fomos capaces de tecer unha rede formada por preto de cen intérpretes de múltiples nacionalidades e titulacións que garanten unha dispoñibilidade inmediata en distintas combinacións lingüísticas e temáticas. Todos eles contan cun mínimo de cinco anos de experiencia en interpretación de acompañamento, en congresos e reunións, simultánea ou consecutiva.

TIPOS DE INTERPRETACIÓN

O cliente que se dirixe a englishpanish para solicitar os servizos dun ou varios intérpretes adoita ser coñecedor dos diferentes tipos de interpretación que existen e de cal é o que se adecúa máis ás súas necesidades. En calquera caso, podemos ilustralo igualmente sobre os distintos tipos de interpretación para que os teña en conta á hora de considerar cal deles é o que precisará contratar para o evento ou congreso que estea a organizar, o viaxe ou a reunión de negocios que planificase ou a conversación telefónica ou por videoconferencia que teña prevista. Aínda que existen moitas particularidades que poden alterar a metodoloxía da interpretación, podemos resumir en seis as categorías de interpretación que se poden contratar connosco.

Interpretación simultánea

Interpretación simultánea
O intérprete traduce en tempo real o discurso do orador, chegando á audiencia case ao mesmo tempo a mensaxe na lingua de partida que na lingua de chegada. Para iso é necesario contar cun equipamento técnico específico (cabinas, consolas de interpretación, receptores, etc.), que pode conseguir tamén a través de englishpanish.

Interpretación consecutiva

Interpretación
O discurso divídese en partes, e o intérprete sitúase xunto ao orador cun caderno onde vai tomando notas do que vai dicindo. O intérprete comezará a falar unha vez que o orador finalizase o seu fragmento de discurso. Este técnica retarda a interpretación, aínda que ao non precisar de equipamento técnico resulta moito máis económica que a simultánea.

Interpretación rumoreada

Interpretación rumoreada
En contextos onde exista unha audiencia reducida, o noso intérprete situarase xunto ás persoas da audiencia e rumorearalles unha interpretación simultánea que resuma o discurso do orador. A maior parte das persoas da audiencia xa falarán a lingua de partida, aínda que haberá dúas ou tres que non; a estas últimas irá dirixido o servizo.

Interpretación de ligazón

Interpretación de ligazón
Nunha conversación onde intervirán dúas ou máis persoas, o intérprete transmitirá o que din uns e outros, ben de forma consecutiva, ben de forma rumoreada. Non se precisará de ningún equipamento técnico especial e, do mesmo xeito que sucede coa interpretación consecutiva, poderanse ir tomando notas nun caderno ou tablet.

Interpretación por relé

Interpretación por relé
Cando non se conta cun intérprete que poida traballar desde a lingua de partida á de chegada, pero si se dispón de intérpretes que poden enlazar estas linguas cunha terceira. Un dos intérpretes transforma o discurso de partida á terceira lingua e, a continuación, outro intérprete transforma a mensaxe resultante da terceira lingua á lingua de chegada.

Interpretación á vista

Interpretación á vista
O intérprete lerá en voz alta un documento escrito na lingua de partida coma se estivese escrito na lingua de chegada. Por suposto, non é necesario recorrer a ningún equipo técnico para realizar este tipo de interpretación, e, debido á súa inmediatez, adóitase empregar con asiduidade en hospitais e centros de saúde, así como nos xulgados e organismos públicos.

METODOLOXÍA DE TRABALLO

A contratación dun ou varios intérpretes é un proceso colaborativo no que interveñen por igual tanto o cliente como englishpanish. O primeiro que facemos cando nos chega unha solicitude de interpretación, e antes do envío dun orzamento ou de varios orzamentos alternativos (gratuitamente e sen ningún compromiso) é realizar unhas poucas preguntas sobre as características do evento e a súa temática, as datas e o lugar para poder cerciorarnos sobre as necesidades concretas do cliente en relación co servizo de interpretación. Convidámolo a coñecer como traballamos.
Deste xeito, aconsellaremos ao cliente sobre que solución ou solucións son as máis adecuadas, tendo en conta tanto a calidade do servizo como o orzamento do que se dispón. Neste sentido, indicaremos ao cliente se é mellor optar por unha tradución consecutiva ou simultánea (neste último caso, tamén podemos asesorar sobre o equipamento técnico necesario); se se precisa de un ou máis intérpretes; que materiais será necesario facilitar de antemán aos intérpretes, etc...