

O 21 de febreiro celébrase o Día Internacional da Lingua Materna. Esta iniciativa, aprobada pola UNESCO, busca promover a diversidade cultural e lingüística para fomentar a tolerancia e o respecto. Así mesmo, trátase de tomar conciencia da ameaza que sofre a diversidade lingüística no momento actual, debido ás linguas da globalización.
No ano 2000 celebrouse a primeira edición do día conmemorativo. O tema deste ano son As linguas indíxenas como factor de desenvolvemento, paz e reconciliación.
O Día Internacional da Lingua Materna ten a súa orixe no Movemento pola Lingua Bengalí. Este movemento consistiu nunha manifestación que tivo lugar o 21 de febreiro de 1952 en Bangladesh, entón provincia de Paquistán. Os manifestantes loitaban polo recoñecemento do seu idioma, o bengalí, como lingua oficial do Estado, toda vez que o goberno central tiña decretado o idioma urdú como única lingua nacional.
A lingua materna pódese considerar como aquela que adquirimos nos primeiros anos da nosa vida. Aprendémola por imitación da nosa contorna e sérvenos para nos expresar dunha maneira máis natural e fluída. Ao longo da nosa vida aprenderemos outras. Con todo, é a nosa lingua materna á que recorremos para dar a nosa visión máis singular do mundo e a que nos achega ás nosas orixes.
É innegable, por tanto, que a nosa lingua materna reflicte a nosa identidade. Con esta iniciativa, a UNESCO trata precisamente de preservar as identidades dos distintos pobos do mundo, en parte materializadas nas súas linguas, e fomentar a convivencia das distintas comunidades. Actualmente conviven no mundo ao redor de 7.000 linguas, porén 3.000 están en perigo de desaparecer por diversas causas. Entre elas, a imposición doutras linguas e a desaparición dos seus habitantes.
Cando unha lingua desaparece, non só desaparece unha forma de articular palabras que xa coñecemos noutras linguas mediante estraños fonemas e regras gramaticais. Tamén desaparece consigo unha forma distinta e enriquecedora de ver o mundo. Non se trata de lle procurar unha utilidade á nosa lingua materna, ou á lingua materna dos demais. Hoxe, e todos os días do ano, debémola coidar e preservar, porque forma parte da nosa identidade e é a nosa maneira de erguer a voz no mundo. Aprende moitas linguas, mais non esquezas nunca a túa!
Graduate degree in Translation and Interpretation from Universidade de Vigo (2013). Translator and proofreader in the German and English to Spanish combinations.
® Englishpanish Translation & Communication, S.L.
Phone (Spain) : +34 881 93 20 92
Phone (Portugal) : +351 21 457 1766
E-Mail : englishpanish@englishpanish.com
Web : www.englishpanish.com
Subscribe to our e-mail newsletter to receive updates.