Europa confía en englishpanish®

Terminamos unha semana moi intensa coa organización do servizo máis complexo de interpretación simultánea que se pode organizar en Europa fóra das tres sedes comunitarias (Bruxelas, Estrasburgo e Luxemburgo), coas súas tres institucións máis importantes: a Comisión, o Parlamento e o Tribunal de Xustiza europeos. Estou a falar, como non, do servizo de interpretación simultánea para os actos das institucións europeas e os seus órganos dependentes, fóra das súas sedes.

Neste caso, o noso cliente foi o Comité Europeo das Rexións; concretamente, a súa Comisión de Recursos Naturais, a coñecida como Comisión NAT, e a sede externa escollida foi Santiago de Compostela, o destino final dos camiños de peregrinación máis importantes do continente.

 

Interpretación simultánea para la Comisión NAT

Segunda xornada, coa conferencia presidida por Alfonso Rueda, presidente da Xunta de Galicia.

Nin que dicir ten que a preparación dunha reunión con estas características só pode ser realizada por unha empresa de tradución e interpretación coa experiencia e o “músculo” de recursos humanos como os que posúe Englishpanish Translation & Communication®: 23 idiomas de traballo (búlgaro, español, checo, danés, alemán, estoniano, grego, inglés, francés, croata, italiano, letón, lituano, húngaro, maltés, neerlandés, polaco, portugués, romanés, eslovaco, esloveno, finés e sueco), 12 cabinas de interpretación, 18 intérpretes… e todo iso, nun tempo récord; menos dunha semana útil para telo todo listo, entre o momento en que englishpanish® recibiu a notificación da adxudicación do contrato e a sesión inaugural da reunión da NAT.

Un equipo de catro persoas ocupouse a tempo completo de localizar aos intérpretes, especialmente daquelas linguas con menor número de falantes, como o sueco, o dinamarqués ou o checo. Foi ademais unha semana moi activa en Bruxelas, polo que a dispoñibilidade de intérpretes con experiencia en temática UE era moi limitada. Houbo que contactar con todas as asociacións nacionais de tradutores e intérpretes para poder atopar intérpretes coas cualificacións necesarias para un evento destas características. O noso equipo ocupouse tamén da reserva de voos, hoteis, etc. e todos os demais trámites necesarios para a acomodación dos intérpretes.

Cabina de castellano-inglés, con Ignacio Urrutia interpretando

Cabina de español-inglés, con Ignacio Urrutia interpretando.

O día 2 de xuño, ás 08:30 da mañá, estabamos todos xa listos nas nosas respectivas cabinas para levar adiante un traballo de interpretación sobresaínte e que recibiu (está mal que o diga eu, porén así foi) grandes eloxios por parte das distintas áreas organizativas, a partes iguais entre o Comité Europeo das Rexións e a Xunta de Galicia. Destacarei soamente dous, pola dimensión que por si mesmos teñen e a relevancia das dúas persoas que mos transmitiron:

 

“… thank you ( and your colleagues) for the EXCELLENT work you did in Santiago. Professionalism, flexibility and highest quality: many thanks on behalf of the whole NAT commission…”

(Grazas (a ti e aos teus compañeiros) polo EXCELENTE traballo que fixestes en Santiago. Profesionalismo, flexibilidade e a máis alta calidade: moitas grazas en nome de toda a comisión NAT)

“… you were all UNBELIEVABLE. I have never felt so calm and in control at an external event. You made everything so professionally, so smoothly, so elegantly. It was sheer pleasure working with you…”

(Estivestes INCRÍBEIS. Nunca me tiña sentido tan calma e con todo baixo control nun evento externo. Fixéstelo todo dun xeito tan profesional, tan fluídoa e tan elegante. Foi todo un pracer traballar convosco)

 

Nese sentido, non me podo esquecer de agradecer ás dúas entidades, a europea (Serafino Nardi, Dorota Tomalak e Luca Venosta) e a do Goberno galego (Eva Lorenzo Queiro, María Augado Álvarez e María Jesús Hervada), pola súa tremenda colaboración, que fixo posíbel que puidésemos desenvolver o noso traballo nunhas condicións inmellorábeis, facilitándonos materiais de preparación, como axendas e borradores de discursos, con tempo suficiente para que os puidesen estudar os nosos intérpretes.

Tamén agradecer o traballo e as instalacións envexábeis da empresa encargada da parte técnica, Videlio, coas cabinas e consolas de interpretación máis avanzadas que existen a día de hoxe no mercado. Moitas grazas aos seus dous responsábeis principais, Nicolas Lavisse e Dunnis Hong.

Interpretación simultánea para la Comisión NAT

Consola de interpretación de última xeración de Videlio.

Para rematar, por suposto, un grande agradecemento e parabéns a todo o noso equipo de administración, responsábeis de proxectos e intérpretes: María Jesús, Xerezade, Christian, Ignacio, Christina, Beatrice, Francesca, Sylvia, Marie, Lara, Jasmin, Ursel, Katarzyna , Kasia, Martin, Simona, Wouter, Cristina e Zoltán. Fixestes un traballo extraordinario e obtivestes resultados que serán difíciles de superar.

Como director deste marabilloso equipo humano, verdadeira familia que fica no cuarto de atrás do noso nome e logo, faime sentir tremendamente orgulloso poder escoitar e ler de primeira man todos estes comentarios. Non fan máis que me animar a continuar dirixindo esta empresa, Englishpanish Translation & Communication®, que naceu para situarse como líder da tradución entre o inglés e todas as linguas hispanas, no sentido histórico da palabra (ibéricas, incluíndo o portugués), e que non só se situou como unha das empresas líderes nese campo, senón que desbordou os marcos idiomáticos ibéricos e é capaz de ofrecer tradución e interpretación altamente cualificada a máis de oitenta idiomas.

Grazas a todos.

 

About Francisco de Borja González Tenreiro

Born in Galicia, Spain. Degree in Law from the University of Santiago de Compostela, studies in Translation from Birmingham City College (Birmingham, UK) and in Philosophy from UNED. Expert in legal, financial and institutional translation and interpretation, with more than twenty years of experience as a translator and interpreter in Spain, United Kingdom, United States, Portugal and Brazil. In his long career as a simultaneous interpreter he has been the Spanish, English, Portuguese and Galician voice for many well-known personalities coming from the world of culture, science and politics, such as the latest two U.N. Secretaries-General, Mr. Ban Ki-Moon and Mr. António Guterres. He has also been the editor-in-chief for several bilingual publications, an award-winning column writer and is the general manager and head of legal-financial projects for englishpanish.

You May Also Like