Unha tradución financeira consiste en transcribir dun idioma a outro textos de temática económico-financeira. Esta definición abrangue contidos moi amplos, dende artigos de prensa financeira especializada, pasando por un contrato de compravenda de bonos, ata as contas anuais dunha sociedade anónima.
Obviamente, non é un tipo de tradución que se poida cualificar de “sinxela”. Partimos dun texto que moitas veces resulta xa de difícil comprensión para o propio autor na súa lingua de orixe.
Poñamos por caso a tradución do inglés ao español dun folleto de márketing de produtos financeiros complexos que coticen en bolsa: un seguro de cambio (forward), por exemplo. Adoitan ser as propias persoas que traballan nos departamentos de márketing das empresas que comercializan estes derivados financeiros as que encargan a tradución destes documentos e, en moitas ocasións, chegan ata nós, os tradutores especializados de axencias de tradución como a propia englishpanish, feitos un mar de dúbidas: dúbidas sobre o seu funcionamento, as súas oscilacións dependentes de determinados índices de referencia, etc.; e dúbidas en torno ás diferenzas que existen con outro tipo de contratos financeiros, como os contratos de contado (spot), as permutas financeiras (swaps) ou as opcións de tipo de cambio. As diferenzas entre estes instrumentos derivados son moi pequenas, polo que moitas veces utilízanse indistintamente de xeito errado.
A complexidade destes produtos e o feito de que a maior parte deles proceda de figuras do dereito anglosaxón, sen equivalentes perfectos no noso sistema xurídico (de feito, moitos deles utilízanse directamente en inglés), propician que ata profesores ou investigadores do mundo académico incorran en erros terminolóxicos, confundan produtos financeiros similares pero diferentes, ou traduzan incorrectamente termos do inglés ao español. Se isto ocorre con persoas expertas na materia, cal pode ser o resultado de confiar a tradución dun documento destas características a un tradutor ou a unha axencia de tradución que carezan da especialización necesaria?
Centrándonos no noso caso particular para a combinación lingüística español-inglés, podemos dicir, sen ningún xénero de dúbidas, que en España, no Reino Unido e en Estados Unidos existen tradutores especializados que son auténticos expertos na área económico-financeira. Moitos deles, ademais de licenciados ou certificados en Tradución, son tamén licenciados en Dereito, en Económicas ou en Empresariais. Algúns compaxinan a profesión coas aulas na universidade, a avogacía ou o asesoramento contable. Non hai, polo tanto, escusa para deixar nas mans dun tradutor non especializado a tradución de documentos financeiros; algo que, por desgraza, sucede en moitas ocasións. É, ata certo punto, desculpábel, cando é o propio cliente o que encarga a tradución a un tradutor individual sen a formación e experiencia necesarias para este tipo de traballo. O grave ven cando o cliente confía nunha axencia de tradución para que esta asigne o traballo aos profesionais máis cualificados e, sexa por desidia, ou ben por reducir custos e incrementar as marxes (na maioría dos casos), a axencia opta por tradutores sen as competencias requiridas.
E que podo facer eu, se non sei como vai este negocio da tradución? Tan doado como solicitar á axencia información e o CV da persoa que se vai a ocupar da tradución e verificar, deste xeito, que o tradutor teña estudos complementarios aos de Tradución vinculados á área económica; preguntar se a tradución vai ser revisada por canto menos un revisor (tamén se pode solicitar información e o CV desa persoa ou persoas, se a axencia conta con máis dun filtro de revisión); solicitar referencias, experiencia previa, etc.
Unha tradución financeira é unha tradución, si, pero que require dun tradutor financeiro, e non simplemente dun tradutor “a secas”. Valla o símil: un ordenador é unha máquina, si, pero cando hai que arranxalo a ninguén se lle ocorre chamar a un mecánico. Sentido común.
About Francisco de Borja González Tenreiro
Born in Galicia, Spain. Degree in Law from the University of Santiago de Compostela, studies in Translation from Birmingham City College (Birmingham, UK) and in Philosophy from UNED. Expert in legal, financial and institutional translation and interpretation, with more than fifteen years of experience as a translator and interpreter in Spain, United Kingdom, United States, Portugal and Brazil. In his long career as a simultaneous interpreter he has been the Spanish, English, Portuguese and Galician voice for many well-known personalities coming from the world of culture, science and politics, such as the latest two U.N. Secretaries-General, Mr. Ban Ki-Moon and Mr. António Guterres. He has also been the editor-in-chief for several bilingual publications, an award-winning column writer and is the general manager and head of legal-financial projects for englishpanish.
You May Also Like
Europa confía en englishpanish®
- Thursday, June 9, 2022
- in Corporativo
- By Francisco de Borja González Tenreiro
A especialización na tradución
- Monday, January 24, 2022
- in Tradución
- By Francisco de Borja González Tenreiro
Que é unha tradución xurada?
- Tuesday, October 20, 2020
- in Tradución Xurídica
- By María Jesús Fernández Villar
«False Friends» no inglés xurídico
- Monday, September 23, 2019
- in Tradución, Tradución Xurídica
- By María Jesús Fernández Villar
Lingua materna: un día para conmemorar a nosa orixe
- Thursday, February 21, 2019
- in Tradución
- By Antonio Leal Fernández
Tradución Asistida e Tradución Automática
- Wednesday, October 3, 2018
- in Tradución
- By Antonio Leal Fernández
Campañas publicitarias arruinadas por unha mala tradución
- Monday, March 26, 2018
- in Tradución
- By Antonio Leal Fernández