

A tradución técnica é aquela que se ocupa de textos especializados nun área da ciencia moi concreta. Na vida diaria, atopamos exemplos de tradución técnica nas guías de usuario de programas informáticos ou nas instrucións de uso de calquera electrodoméstico. Porén, un tradutor técnico pode afrontar no se traballo case calquera texto e temática, ao abranguer a tradución técnica un campo moi amplo.
A tradución técnica comparte moitas características coa tradución científica, e a priori poden ser difíciles de diferenciar. Mais non son o mesmo. A grandes trazos, poderíase dicir que a ciencia é o conxunto de coñecementos técnicos, mentres que a técnica é a aplicación deses coñecementos.
Deste xeito, os textos científicos céntrase máis na divulgación do coñecemento e os avances científicos. Normalmente son redactados no seo da comunidade educativa ou equipos de investigación. Pola súa banda, os textos técnicos teñen como obxectivo principal instruír o lector. Trátase de textos máis concisos, precisos e obxectivos que os textos científicos, cunha finalidade moi concreta.
Deste modo, poderíamos tomar un traballo de investigación sobre as causas de envellecemento poboacional como exemplo de texto científico, e unha descrición dos compoñentes dun motor como exemplo dun texto técnico.
As principais características da linguaxe técnica son:
A difusión de textos técnicos fai hoxe en día posíbel o progreso da ciencia e da tecnoloxía. Na actualidade, a lingua franca da ciencia é o inglés, mais non por iso todos os avances técnicos se desenvolven en países anglosaxóns. A ciencia e a tecnoloxía basean o seu éxito na difusión da información e na cooperación entre colectivos. Calquera avance ou achega á comunidade científica debe ser transmitida para que cobre sentido. De non ser así, é como se nunca se tivera producido.
Para iso, é imprescindible a labor dos tradutores técnicos. Unha vez máis, a profesionalidade dos tradutores é indispensable. Un tradutor técnico ha de coñecer ben de antemán a temática sobre a que está a traballar. Do mesmo xeito, debe realizar un traballo moi minucioso de documentación previa ao proceso de tradución. A miúdo, un tradutor técnico inverte máis tempo na documentación que na labor de redacción. Non esquezamos que a terminoloxía e a precisión son fundamentais na tradución técnica. Unha vez iniciada a tradución, debe ter en conta moitos factores de risco engadidos, como son a tradución de siglas e de cifras. En definitiva, non basta con ter coñecementos da lingua meta. Unha boa tradución técnica require moito máis.
Foto de Sergey Zolkin
Graduate degree in Translation and Interpretation from Universidade de Vigo (2013). Translator and proofreader in the German and English to Spanish combinations.
® Englishpanish Translation & Communication, S.L.
Phone (Spain) : +34 881 93 20 92
Phone (Portugal) : +351 21 457 1766
E-Mail : englishpanish@englishpanish.com
Web : www.englishpanish.com
Subscribe to our e-mail newsletter to receive updates.