Estimados clientes: continuamos en modo de teletraballo

Ante a situación de alarma producida pola pandemia mundial do COVID-19 e para preservar non só a saúde das nosas traballadoras e traballadores senón a de todas e todos, en especial a dos nosos maiores, o equipo de englishpanish resolveu por consenso o pasado venres continuar as nosas actividades de tradución, revisión e interpretación en modo de teletraballo.

Por tanto, aproveitando o equipamento técnico do que dispoñemos (englishpanish traballa con estacións de traballo que permiten a conexión e desconexión de ordenadores portátiles, así como arquivos de datos na nube), os tradutores e xefes de proxectos traballarán individualmente desde as súas propias casas, atenderán correos electrónicos e responderán a chamadas telefónicas (os teléfonos das nosas oficinas de Galiza e Portugal estarán desviados aos nosos teléfonos móbiles para poder atender a todas as chamadas) a través das nosas canles habituais:

 

  • englishpanish@englishpanish.com (comunicacións por email)
  • +34 881 93 20 92 (chamadas á oficina de Galiza) +351 21 457 1766 (chamadas á oficina de Portugal)

Seguiremos a prestar servizos que faciliten a actividade de empresas esenciais (alimentación, distribución, abastecemento, etc.) e das administracións públicas e os organismos sanitarios e científicos a través dos nosos departamentos de tradución técnica, científica e académica.

Do mesmo xeito, a través do noso servizo de interpretación remota e cabina de interpretación virtual, estamos en condicións de poder prestar o servizo de tradución oral sen necesidade de desprazamento nin dos intérpretes nin dos interlocutores, evitando dese xeito tamén os riscos de contaxio.

Hoxe sobre todo, entendemos que a necesidade de comunicación sen barreiras lingüísticas e o máis inmediata posíbel é máis urxente que nunca. É aí onde podemos aportar e onde poremos o noso empeño nestes momentos inéditos que nos tocou vivir pero dos que, coa achega de todos, pronto sairemos.

Non podemos terminar este comunicado sen mandar unha mensaxe moi sincera de agradecemento a un segmento particular da nosa carteira de clientes, o que desde os ámbitos médico, sanitario ou farmacéutico pon todos os seus esforzos e coñecemento ao servizo de todas e todos, arriscando moitas veces a súa propia saúde.

Un abrazo solidario a todas e todos. Ficamos á vosa enteira disposición.

About Xerezade Ansedes López

Graduate Degree in Translation and Interpreting from Universidade de Vigo, Spain. Degree in English Language and German from Bangor University, UK. English teacher and translator and proofreader in the German and English to Spanish combinations. Published author.

You May Also Like