

A empresa galega Englishpanish anunciou a abertura dunha sucursal no Río de Xaneiro, no corazón de Copacabana, convertíndose na primeira axencia de tradución de toda a Península Ibérica en contar con oficinas na Península e América Latina. Con esta decisión, a empresa pretende dar un mellor servizo nas combinacións lingüísticas nas que está especializada, e ás que lle debe o nome (“englishpanish”): todas as linguas hispanas (no sentido orixinario de ibéricas) –castelán, galego, catalán, euskera e portugués- alén do inglés.
A oficina do Río mellorará o servizo de tradución ao portugués brasileiro –moi diferente do de Portugal e con máis de 200 millóns de falantes- e o español de Latinoamérica –máis de 400 millóns de falantes. Esta operación está vinculada tamén á colaboración que mantén englishpanish cun dos despachos de avogados máis importantes do mundo, nunha das áreas con maior know how da empresa, a tradución xurídica-financeira.
A axencia de tradución galega demostra, máis unha vez, a súa proxección internacional, con clientes de máis de trinta países. A salientar, varias corporacións internacionais, entidades bancarias e despachos de avogados. Englishpanish colabora ademais con máis de cincuenta universidades de todo o mundo.
Englishpanish é unha axencia especializada na tradución de documentación técnica, científica, académica, xurídica, financeira e literaria, onde se garantiza a calidade editorial dos proxectos cun mínimo de dous tradutores.
Alén diso, conta cunha rede de intérpretes experimentados que abrangue distintos idiomas e especialidades, e ofrece servizos de interpretación consecutiva, de ligazón e simultánea.
Por último, Englishanish Colabora con máis de corenta universidades e preto de 200 grupos de investigación na revisión de estilo e gramatical de traballos escritos por investigadores non nativos, para a súa publicación en revistas internacionais.
Datos de contacto
® Englishpanish Translation & Communication, s.l.
Teléfono: +34 881 93 20 92
E-Mail : englishpanish@englishpanish.com
Web : www.englishpanish.com
Graduate degree in Translation and Interpretation from Universidade de Vigo (2013). Translator and proofreader in the German and English to Spanish combinations.
® Englishpanish Translation & Communication, S.L.
Phone (Spain) : +34 881 93 20 92
Phone (Portugal) : +351 21 457 1766
E-Mail : englishpanish@englishpanish.com
Web : www.englishpanish.com
Subscribe to our e-mail newsletter to receive updates.