Unha das diferenzas entre a tradución e a interpretación é a perdurabilidade da tradución, fronte ao efémero da interpretación.
Verba volant, scripta manent.
Na actualidade habería que matizar que as novas tecnoloxías permiten a gravación de interpretacións, e por tanto a súa maior accesibilidade, aínda que o uso que se poida dar a esas gravacións dependerá da natureza do interpretado: pódese reutilizar a interpretación gravada dun discurso para diversos fins, pero non será de tanto interese a dunha conversación informal. Igual que só se tende a escribir o importante, soamente gravaranse os actos de comunicación ou expresión de maior interese. Nese sentido, a gravación e reprodución de sons imita á escritura. Con todo, agora ocuparémonos unicamente do escrito, a tradución.