En reunións de negocios, viaxes comerciais, congresos e conferencias, ou en conversas telefónicas, pode ser que precise dunha tradución inmediata e oral en diferentes idiomas. Nos últimos dez anos fomos capaces de tecer unha rede formada por preto de cen intérpretes de múltiples nacionalidades e titulacións que garanten unha dispoñibilidade inmediata en distintas combinacións lingüísticas e temáticas. Todos eles contan cun mínimo de cinco anos de experiencia en interpretación de acompañamento, en congresos e reunións, simultánea ou consecutiva.