Que ofrecemos?

Somos unha axencia especializada na tradución de documentación técnica, científica, académica, xurídica, financeira e literaria. Garantimos a calidade editorial dos proxectos cun mínimo de dous tradutores.

A nosa rede de intérpretes experimentados cobre toda a Península Ibérica, alén de abranguer distintos idiomas e especialidades, e ofrecendo interpretación consecutiva, de ligazón e simultánea.

Colaboramos con máis de corenta universidades e preto de 200 grupos de investigación na revisión de estilo e gramatical de traballos escritos por investigadores non nativos, para a súa publicación en revistas internacionais.

ENGLISHPANISH TRANSLATION & COMMUNICATION

Desde 2010, facilitando a comunicación verbal e escrita do inglés a todas as linguas hispanas e de todas as linguas hispanas ao inglés.
inglés CASTELÁN galego éuscaro catalán asturiano aragonés valenciano PORTUGUÉS mirandés francés alemán ITALIANO holandés grego polaco sueco HÚNGARO danés RUSO búlgaro ucraíno romanés serbio ÁRABE checo turco MANDARÍN hindi bengalí xaponés coreano

Tradución técnica

O xefe de proxecto asignado terá unha cualificación adicional á de tradución e un mínimo de cinco anos de experiencia vinculada ao campo técnico-industrial do que se trate. A revisión a cargo dun segundo tradutor para a procura de erros e comprobación de termos técnicos é un segundo filtro imprescindible neste tipo de proxectos.

Tradución xurídica

Temos un departamento 100% dedicado a este tipo de tradución, encabezado por un dos especialistas legais e financeiros máis recoñecidos do noso país. Unha garantía que aprecian os distintos despachos de avogados e notarías que se agrupan dentro da nosa importante carteira de clientes. Aquí tamén resulta esencial o filtro de revisión a cargo doutro tradutor.

Tradución científica

Colaboramos con máis de corenta universidades e preto de 200 grupos de investigación na tradución de estudos e artigos académicos e científicos, para a súa publicación en revistas internacionais. O tradutor principal será un especialista da materia científica en cuestión, cun mínimo de anos de experiencia. Revisión a cargo dun segundo tradutor.

Tradución xurada

Na presentación de documentos e certificados ante organismos públicos estatais ou estranxeiros, ás veces resulta necesario contar cunha tradución oficial, realizada por un intérprete xurado con selo oficial do Ministerio de Asuntos Exteriores, no caso de España, ou de entidade estranxeira equivalente. Tamén pode contratar connosco este servizo.

Tradución literaria

Traducir textos literarios carrexa tanta dificultade ou máis que a propia escrita orixinal. Por iso, só colaboramos con tradutores cun mínimo de libros publicados, tanto traducidos como orixinais. Para este tipo de tradución é imprescindible contar co filtro dun mínimo de dous revisores para garantir a calidade editorial do traballo.

Revisión académica

Máis de 300 autores confiaron xa neste servizo. Para garantir a publicación da obra orixinal nun medio estranxeiro é necesaria unha revisión exhaustiva tanto da gramática como, moi especialmente, do estilo por un revisor nativo. Trátase dunha tarefa máis complexa que a propia tradución, e o tradutor-revisor terá unha experiencia mínima de dez anos.

Interpretación simultánea

Interpretación simultánea

O intérprete traduce en tempo real o discurso do orador, chegando á audiencia case ao mesmo tempo a mensaxe na lingua de partida que na lingua de chegada. Para iso é necesario contar cun equipamento técnico específico (cabinas, consolas de interpretación, receptores, etc.), que pode conseguir tamén a través de englishpanish.

Interpretación consecutiva

Interpretación consecutiva

O discurso divídese en partes, e o intérprete sitúase xunto ao orador cun caderno onde vai tomando notas do que vai dicindo. O intérprete comezará a falar unha vez que o orador finalizase o seu fragmento de discurso. Este técnica retarda a interpretación, aínda que ao non precisar de equipamento técnico resulta moito máis económica que a simultánea.

Interpretación rumoreada

Interpretación rumoreada

En contextos onde exista unha audiencia reducida, o noso intérprete situarase xunto ás persoas da audiencia e rumorearalles unha interpretación simultánea que resuma o discurso do orador. A maior parte das persoas da audiencia xa falarán a lingua de partida, aínda que haberá dúas ou tres que non; a estas últimas irá dirixido o servizo.

Interpretación por relé

Interpretación por relé

Cando non se conta cun intérprete que poida traballar desde a lingua de partida á de chegada, pero si se dispón de intérpretes que poden enlazar estas linguas cunha terceira. Un dos intérpretes transforma o discurso de partida á terceira lingua e, a continuación, outro intérprete transforma a mensaxe resultante da terceira lingua á lingua de chegada.

Interpretación de ligazón

Interpretación de ligazón

Nunha conversación onde intervirán dúas ou máis persoas, o intérprete transmitirá o que din uns e outros, ben de forma consecutiva, ben de forma rumoreada. Non se precisará de ningún equipamento técnico especial e, do mesmo xeito que sucede coa interpretación consecutiva, poderanse ir tomando notas nun caderno ou tablet.

Interpretación á vista

Interpretación á vista

O intérprete lerá en voz alta un documento escrito na lingua de partida coma se estivese escrito na lingua de chegada. Por suposto, non é necesario recorrer a ningún equipo técnico para realizar este tipo de interpretación, e, debido á súa inmediatez, adóitase empregar con asiduidade en hospitais e centros de saúde, así como nos xulgados e organismos públicos.

Últimas publicacións

Que é unha tradución financeira?

Unha tradución financeira consiste en transcribir dun idioma a outro textos de temática económico-financeira. Esta definición engloba contidos moi amplos, desde artigos de prensa financeira especializada, pasando por un contrato de compravenda de bonos, ata as contas anuais dunha sociedade anónima. Obviamente, non é un tipo de tradución que se poida cualificar como “sinxelo”. Partimos – read more

Que é a revisión académica e por que importa?

A revisión académica consiste na lectura e corrección ortográfica, gramatical e terminolóxica dun documento académico (teses, artigos científicos, ensaios, etc.). Isto inclúe cuestións de estilo e ortotipográficas, así como a verificación de referencias e citas bibliográficas. A revisión académica é unha tarefa que pode resultar mesmo máis complexa que a propia tradución. O revisor ten – read more

Europa confía en englishpanish®

Terminamos unha semana moi intensa coa organización do servizo máis complexo de interpretación simultánea que se pode organizar en Europa fóra das tres sedes comunitarias (Bruxelas, Estrasburgo e Luxemburgo), coas súas tres institucións máis importantes: a Comisión, o Parlamento e o Tribunal de Xustiza europeos. Estou a falar, como non, do servizo de interpretación simultánea – read more