Tradución

Tradución | Interpretación
englishpanish ofrece servizo de tradución en máis de corenta idiomas de todo o mundo, con especialistas en temática científica, literaria, xornalística, financeira, legal e técnica. Unicamente colaboramos con tradutores titulados en diferentes áreas de coñecemento. Así mesmo, e para garantir a calidade editorial de todos os nosos traballos, a nosa tarifa básica cobre tanto a tradución como a corrección gramatical e de estilo por un mínimo de dous tradutores, o que minimiza o risco de erros ortográficos ou terminolóxicos. Un segundo filtro indispensable se se quere garantir un acabado editorial. Neste sentido é moi importante que o cliente saiba discernir a diferenza de calidade e prezo entre contratar a un só tradutor ou a unha axencia de tradución que ofreza tradución + revisión por un mínimo de dous tradutores. Catro ollos ven moito mellor que dous!

TIPOS DE TRADUCIÓN

En función da temática sobre a que verse a documentación para traducir, englishpanish poñerá á súa disposición o equipo de tradutores/revisores máis especializado para garantir tanto a calidade do traballo como a súa entrega dentro dos prazos marcados. Por sorte contamos cun equipo amplo de colaboradores onde poder elixir, con diferentes combinacións lingüísticas, titulacións académicas e profesionais, e experiencia. Son preto de 100 profesionais freelance que, desde máis de 20 países, traballan de maneira coordinada cos seis xefes de proxecto especializados cos que contamos, cada un deles dedicado a tempo completo a unha das temáticas ofertadas.

Tradución técnica

Tradución técnica
O xefe de proxecto asignado terá unha cualificación adicional á de tradución e un mínimo de cinco anos de experiencia vinculada ao campo técnico-industrial do que se trate. A revisión a cargo dun segundo tradutor para a procura de erros e comprobación de termos técnicos é un segundo filtro imprescindible neste tipo de proxectos.

Tradución xurídica

Tradución xurídica
Temos un departamento 100% dedicado a este tipo de tradución, encabezado por un dos especialistas legais e financeiros máis recoñecidos do noso país. Unha garantía que aprecian os distintos despachos de avogados e notarías que se agrupan dentro da nosa importante carteira de clientes. Aquí tamén resulta esencial o filtro de revisión a cargo doutro tradutor.

Tradución científica

Tradución científica
Colaboramos con máis de corenta universidades e preto de 200 grupos de investigación na tradución de estudos e artigos académicos e científicos, para a súa publicación en revistas internacionais. O tradutor principal será un especialista da materia científica en cuestión, cun mínimo de anos de experiencia. Revisión a cargo dun segundo tradutor.

Tradución xurada

Tradución xurada
Na presentación de documentos e certificados ante organismos públicos estatais ou estranxeiros, ás veces resulta necesario contar cunha tradución oficial, realizada por un intérprete xurado con selo oficial do Ministerio do Interior, no caso de Estado, ou de entidade estranxeira equivalente. Tamén pode contratar connosco este servizo.

Tradución literaria

Tradución literaria
Traducir textos literarios carrexa tanta dificultade ou máis que a propia escrita orixinal. Por iso, só colaboramos con tradutores cun mínimo de libros publicados, tanto traducidos como orixinais. Para este tipo de tradución é imprescindible contar co filtro dun mínimo de dous revisores para garantir a calidade editorial do traballo.

Revisión académica

Revisión Académica
Máis de 300 autores confiaron xa neste servizo. Para garantir a publicación da obra orixinal nun medio estranxeiro é necesaria unha revisión exhaustiva tanto da gramática como, moi especialmente, do estilo por un revisor nativo. Trátase dunha tarefa máis complexa que a propia tradución, e o tradutor-revisor terá unha experiencia mínima de dez anos.

METODOLOXÍA DE TRABALLO

englishpanish é unha axencia de tradución onde colaboran preto de cen tradutores e revisores desde distintos lugares do mundo, con múltiples combinacións de idiomas e titulacións académicas. Contar cunha rede tan nutrida como diversa de linguas e coñecementos é, sen dúbida, a grande vantaxe que nos diferencia doutros provedores. Con todo, isto esixe tamén unha gran coordinación entre o cliente, o xefe de proxecto e os tradutores e revisores que interveñan neste proceso. O resultado é unha tradución precisa cun acabado de calidade editorial.

Convidámolo a coñecer como traballamos.